UN PROXECTO SOBRE A MEMORIA
DIXITAL LUCENSE


Memoria Dixital Lugo é un banco de recordos audiovisual promovido pola

Deputación de Lugo dentro do programa de Promoción da Autonomía dos

Maiores da Provincia a través das novas tecnoloxías que xestiona a

Fundación TIC.


Esta iniciativa ten por obxectivo crear un rexistro da nosa historia máis

recente a través dos testemuños directos dos seus protagonistas: os

lucenses.


Memoria Dixital Lugo é un proxecto pioneiro na nosa provincia,

posto en marcha con éxito a comezos de 2015, que impulsamos

nesta nova etapa con novos contidos e una estrutura máis áxil e

doada de manexar polos usuarios.


A nosa intención é ampliar este banco audiovisual no que, a través de

testemuños individuais, conservaremos para as vindeiras xeracións o

mellor tesouro dun pobo: a súa memoria colectiva.


Estamos ante un arquivo dixital sen precedentes que queremos

compartir con todos os lucenses e calquera persoa interesada en

coñecer a nosa historia, especialmente a da primeira metade do

século XX, a través da voz e da imaxe dos propios protagonistas e de

fotografías e documentos achegados polos veciños.


Animo a todos os lucenses, a Concellos, asociacións e centros de maiores

a que se sumen a Memoria Dixital Lugo. Deste xeito, contribuiremos

entre todos a crear un banco de recordos que nos axudará a coñecer o

noso pasado e entender mellor o noso presente”.


Darío Campos, Presidente da Deputación de Lugo